jueves, 30 de mayo de 2019

Surf 2º ESO

O día 29 de maio algúns alumnos/as de 2º da ESO dentro do Proxecto Deportivo de Centro fixeron unha viaxe ata O Vicedo para desfrutar dunha xornada de Iniciación ao Surf ao cargo de Viveiro Surf Escola.




















domingo, 19 de mayo de 2019

Calendario enfrontamentos 3º trimestre

Achegamos o calendario de enfrontamentos do terceiro trimestre dentro dos Recreos Activos e Saudables na liga interna de Floorball. Esta información está dispoñible tamén na porta de entrada do pavillón.

domingo, 5 de mayo de 2019

Carreira Solidaria contra o Cancro

O día 3 de maio celebrouse tamén dentro do PDC a chamada "Carreira Solidaria" nas pista de atletismo Cidade Cultural de Lugo para todo o alumnado do centro e con caracter voluntario. Cada alumno/a tiña unha tarxeta onde outros compañeiros lle contabilizaban o número de voltas dadas ás pistas, cada alumno/a buscaba patrocinadores (entre os seus familiares, amigos/as, profesores...) e establecían o prezo o que se lle pagaba cada volta que deran (0,10/volta...). Contamos coa colaboración de Gadisa (zumes, froita e auga) e Ingapan (pasteis e tortas). Os cartos conseguidos foron doados integramente a asociación "Somos Unidos por el Cáncer"








viernes, 3 de mayo de 2019

Liga de Floorball

No mes de maio comezamos coa liga interna nos Recreos Activos e Saudables do I.E.S Lucus Augusti, neste caso coa modalidade deportiva de Floorball no pavillón. Toda a información sobre equipos, datas e horas dos enfrentamentos podédela atopar neste blogue e no taboleiro de entrada ao pavillón.

Semana Branca en Andorra. O alumnado de 3 da ESO gozou dunha semana de neve na estación de Grandvalira. Todxs puideron iniciarse neste dep...