domingo, 3 de marzo de 2019

Calendario enfrontamentos 2º trimestre

Achegamos o calendario de enfrontamentos (xa con algún resultado) do segundo trimestre dentro dos Recreos Activos e Saudables na liga interna de baloncesto. Esta información está dispoñible tamén na porta de entrada do pavillón.

domingo, 3 de febrero de 2019

Liga de Baloncesto

No mes de febreiro comezamos coa liga interna nos Recreos Activos e Saudables do I.E.S Lucus Augusti, neste caso coa modalidade deportiva de baloncesto no pavillón. Toda a información sobre equipos, datas e horas dos enfrentamentos podédela atopar neste blogue e no taboleiro de entrada ao pavillón.

domingo, 16 de diciembre de 2018

Resultados finais da liga de fútbol sala

Xa temos todos os resultados dos distintos enfrontamentos da liga interna durante o primeiro trimestre na modalidade de fútbol sala.

domingo, 2 de diciembre de 2018

Liga de fútbol sala

Achegamos algunhas fotos dos distintos enfrentamentos na liga de fútbol sala nos Recreos Activos e Saudables.














jueves, 1 de noviembre de 2018

Calendario de Enfrontamentos 1º Trimestre

O 5 de novembro comezamos coa liga interna nos Recreos Activos e Saudable do I.E.S Lucus Augusti, neste caso coa modalidade deportiva de fútbol no pavillón. Toda a información sobre equipos, datas e horas dos enfrentamentos podédela atopar aquí e no taboleiro de entrada ao pavillón.

domingo, 14 de octubre de 2018

Xornadas de Iniciación á Escalada

O 10 de outubro a Asociación Galega de Montaña da man de Xosé M. Otero Fernández ofreceu no salón de actos do centro unha charla de Iniciación a Escalada onde coñecemos moitas peculiaridades deste deporte.
Achegamos algunhas fotos de dita charla.





viernes, 5 de octubre de 2018

Xornadas de Piragüismo

Os días 2 e 4 de outubro algúns alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO acudiron ao Clube Fluvial de Lugo a asistir a unha xornada de iniciación ao piragüismo onde tomaron os seus primeiros contactos con esta disciplina deportiva.
Achegamos algunhas fotos das mesmas.















Semana Branca en Andorra. O alumnado de 3 da ESO gozou dunha semana de neve na estación de Grandvalira. Todxs puideron iniciarse neste dep...