jueves, 30 de mayo de 2019

Surf 2º ESO

O día 29 de maio algúns alumnos/as de 2º da ESO dentro do Proxecto Deportivo de Centro fixeron unha viaxe ata O Vicedo para desfrutar dunha xornada de Iniciación ao Surf ao cargo de Viveiro Surf Escola.




















domingo, 19 de mayo de 2019

Calendario enfrontamentos 3º trimestre

Achegamos o calendario de enfrontamentos do terceiro trimestre dentro dos Recreos Activos e Saudables na liga interna de Floorball. Esta información está dispoñible tamén na porta de entrada do pavillón.

domingo, 5 de mayo de 2019

Carreira Solidaria contra o Cancro

O día 3 de maio celebrouse tamén dentro do PDC a chamada "Carreira Solidaria" nas pista de atletismo Cidade Cultural de Lugo para todo o alumnado do centro e con caracter voluntario. Cada alumno/a tiña unha tarxeta onde outros compañeiros lle contabilizaban o número de voltas dadas ás pistas, cada alumno/a buscaba patrocinadores (entre os seus familiares, amigos/as, profesores...) e establecían o prezo o que se lle pagaba cada volta que deran (0,10/volta...). Contamos coa colaboración de Gadisa (zumes, froita e auga) e Ingapan (pasteis e tortas). Os cartos conseguidos foron doados integramente a asociación "Somos Unidos por el Cáncer"








viernes, 3 de mayo de 2019

Liga de Floorball

No mes de maio comezamos coa liga interna nos Recreos Activos e Saudables do I.E.S Lucus Augusti, neste caso coa modalidade deportiva de Floorball no pavillón. Toda a información sobre equipos, datas e horas dos enfrentamentos podédela atopar neste blogue e no taboleiro de entrada ao pavillón.

domingo, 14 de abril de 2019

Resultados Finais Baloncesto

Logo dunhas semifinais e unhas finais moi disputadas, os gañadores da liga de baloncesto de 1º e 2º da ESO foron "Os Queixiños". Na liga de 3º e 4º da ESO o gañador foi o equipo "Los Suecos" derrotando na gran final o equipo formado polos profesores de educación física do centro.

martes, 9 de abril de 2019

Finais Baloncesto

Achegamos o calendario de enfrontamentos para as finais de baloncesto dos equipos clasificados nas súas respectivas ligas que se celebrarán os días 11 e 12 de abril.
Os gañadores da Liga de 3º e 4º da ESO xogarán a final contra un equipo formado polos profesores de educación física do centro.

lunes, 8 de abril de 2019

Liga de Baloncesto 2º trimestre

Achegamos algunhas fotos dos partidos desputados na liga interna de baloncesto durante o segundo trimestre nos Recreos Activos e Saudables do IES Lucus Augusti.























Semana Branca en Andorra. O alumnado de 3 da ESO gozou dunha semana de neve na estación de Grandvalira. Todxs puideron iniciarse neste dep...